Saltar ao contido

Rudy Youngblood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRudy Youngblood
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Valle del Yaqui (México) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBelton (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBelton High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , pintor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2199632 Allocine: 176949 Rottentomatoes: celebrity/rudyyoungblood Allmovie: p489056 BNE: XX4987313 Editar o valor em Wikidata

Rudy Youngblood, nado o 21 de setembro de 1982 en Belton, Texas, é un actor, músico e bailarín nativo americano.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Belton, Texas e creceu con dúas irmás máis novas.[2] Foron criados pola súa nai, que Rudy identificou de ascendencia comanche.[3] Rudy declarou que o seu pai biolóxico pertenceía ao pobo yaqui.[1] Durante unha época, Rudy usou o apelido do seu padrasto e foi coñecido como Rudy Gonzales.[1]

David A. Yeagley declarou a L.A. Times, que "el non ten sangue indio que alguén poida comprobar".[1] Daquela, a páxina web de Youngblood puxo que "Rudy é da familia Comanche Tahchawwickah, o seu pai é o finado Preston Tahchawwickah. É cree por adopción".[1] A voceira da Nación Comanche, Jolene Schonchin, afirmou que Youngblood "non está nas nosas listas tribais, mais si ten sangue comanche" a través do seu pai Preston Tahchawwickah. Outros membros da familia de Preston Tahchawwickah cuestionárono. Dawn Tahchawwickah, filla de Preston Tahchawwickah, afirmou que Youngblood era "só un amigo da familia" e "non está emparentado co meu pai", mentres que outros fillos de Preston dixeron que Youngblood é o seu irmán.[1] Youngblood dixo ao L.A. Times que, "Preston Tahchawwickah non era o seu pai biolóxico senón o seu pai adoptivo cerimonial" e que era a súa nai a que tiña ascendencia comanche.[1]

Carreira como actor[editar | editar a fonte]

Logo oficial do filme Apocalypto.

Ao acudir a un casting xeral, Youngblood foi escollido polo director Mel Gibson para interpretar o papel principal de Jaguar Paw no filme épico Apocalypto (2006), no cal tamén fixo as súas propias escenas de acción.[3] Aprendeu maia iucateco para poder actuar no filme, xa que tódolos diálogos están nesta lingua.[3] Polo seu traballo no filme, gañou o premio ao mellor actor na 15ª edición dos premios First Americans in the Arts.[4]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Papel Notas
2005 Spirit: The Seventh Fire Guerreiro
2006 Apocalypto Jaguar Paw
2010 Beatdown Brandon Becker
2012 Into the Americas Toowin
2015 Windwalkers Matty Kingston
2016 Crossing Point Mateo
2018 Attrition Infidel
2021 Dandelion Season Phoenix

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Welkos, Robert W. (28 de marzo de 2007). "Apocalypto actor's ancestry questioned". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2008. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  2. Garcia Berumen, Frank Javier (2019). American Indian Image Makers of Hollywood. McFarland. p. 252. ISBN 9781476636474. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Dulin, Dann (2 de marzo de 2013). "Undaunted Spirit". A&U — America's AIDS Magazine. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2013. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  4. "15th Annual First Americans in the Arts Awards". Getty Images. 14 de abril de 2007. Consultado o 19 de agosto de 2018. Actor Rudy Youngblood receives a Best Actor award from director Mel Gibson for his role in Apocalypto at the 15th Annual First Americans in the Arts Awards ceremony at the Beverly Hilton Hotel on April 14, 2007 in Los Angeles, California. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]